As cidades verdes poden apoiar o crecemento económico

As Nacións Unidas (ONU) publicaron un informe que mostra que a ecoloxización das infraestruturas urbanas das cidades pode soster o crecemento económico ao utilizar menos recursos naturais.

O informe 'City-Level Decoup-ling: Urban Resource Flows and the Governance of Infrastructure Transitions' incluíu trinta casos que mostraban os beneficios de ser ecolóxico. O informe foi elaborado durante 2011 polo Panel Internacional de Recursos (IRP), que está acollido polo Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente (PNUMA).

Os resultados mostran que investir en infraestruturas sostibles e tecnoloxías eficientes no uso dos recursos nas cidades ofrece unha oportunidade para producir crecemento económico, con menores taxas de degradación ambiental, redución da pobreza, menores emisións de gases de efecto invernadoiro e mellora do benestar.